" Saber envejecer es la obra maestra de la vida, y una de las cosas más difíciles en el arte dificilísimo de la vida" (Amiel)


lunes, 9 de noviembre de 2015

XUNTOS POLO NADAL 2015

xuntosnadal15GAL
A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre de O Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra) para as persoas solicitantes das provincias de Ourense e A Coruña,

Datas e servizos

Este programa levarase acabo entre ol 23 de decembro de 2015 e o 2 de xaneiro de 2016, e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
  • Aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 23 de decembro pola mañá e a volta o día 2 de xaneirodespois da comida.

Persoas beneficiarias:

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
    1. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
    2. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio.
    3. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
    4. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.
    5. Non estar acollido/a nun centro residencial
    Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
    • Realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
    • Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
    • Teñan máis idade.
    • Non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal.
    Poderanse excluír aquelas persoas que participaran neste programa en anos anteriores e non se adaptaran ás normas de convivencia establecidas, aínda que obteñan unha puntuación que lles permita o acceso ao programa.
    Se houbera solicitudes con acompañante, unicamente se terán en conta cando quedaran prazas vacantes despois de adxudicarlle praza a todas as solicitudes individuais.

    Solicitudes e prazo de presentación:

    As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.
    O prazo de presentación será ata o 20 de novembro incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

    Custo da praza:

    As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51€/mes), asistirán de forma gratuítaao programa, mentres que aquelas con uns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.
    Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo; ou o día anterior ou o mesmo día no caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude de devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan o programa ou non se atopan nos supostos anteriores.
    Os gastos de desprazamento dende o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

    Documentación:

    As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:
    • DNI ou pasaporte en vigor.
    • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
    • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso do programa.
    Deberán levar roupa adecuada e cómoda.

      Para mais información pódense dirixir a:

      • Teléfono Social 900 333 666 (de balde).
      • Páxina web da Consellería de Política Social: http://benestar.xunta.es
      • Os servizos socias comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde e hospitais.
      • As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Política Social.

      No hay comentarios:

      Publicar un comentario